As praias de Cabío e A Lombiña suman unha lonxitude de 730 metros de area branca, con augas limpas e tranquilas e con todo tipo de servizos ao seu carón: aparcamento, merendeiro, posto de salvamento, restaurantes, empresas de actividades náuticas, entre outros. Cabío é unha das grandes favoritas entre veciñanza e visitantes, cun grao de ocupación alto nos veráns, e na Lombiña destaca o seu fantástico paseo marítimo.
- Lonxitude: 730 metros
- Anchura media: 25 metros
- Ondada: tranquila
- Tipo de area: branca, gran medio
- Ocupación temporada estival: Alta
- Servicios: aparcamento, posto de socorro, merendeiro, restaurantes, actividades náuticas.